Os arrieiros eran historicamente aqueles que ían dun lugar a outro levando artigos ou mercadorías coa intención de véndelas.É por isto que entre eles había unha grande competencia.
Cando entraban en conflito ou tiñan calquer problema sabían que amañalo nos lugares que visitaban dáballes mala imaxe polo que arranxaban as súas diferenzas nos camiños dun lugar a outro. De aí ven a expresión “ Arrieiros somos e no camiño nos atoparemos” .
Co tempo acadou tamén unha connotación moito mais positiva que facía referencia a que se ti prestabas a túa axuda a alguén no teu camiñar ata un novo lugar noutro momento que o precisases , ti tamén recibirías esa axuda.
Esta última é a que mellor define a Rubén Riós , autor que presenta o seu primeiro libro “ Arrieiros somos” ;perfectamente. Sempre disposto a axudar aos demais ;a conectar persoas e historias .
Na súa primeira aventura literaria Rubén lévanos a coñecer de primeira man esa Galicia esquecida, esa Galicia do rural que está chea de persoas con historias de vida dignas de ser contadas.
Arrieiros somos é Cecilia e o seu medo por non saber que vai pasar co seu fillo cando ela non este. É a alma de Entroido de Lola , a inmensa creatividade de Nieves , o salitre nas bagoas emocionadas de Vitoria laranja ou a horta de celsa .
Os sons do afiador da man da historia de Juan, ou das campas da familia O campo.
Eladio , Mariña, Riós , O señor Pepe , ou a infancia de Rubén estudando detrás das vacas coas súas curmáns.
“Arrieiros…” é un camiño pragado de frechas amarelas pintadas por Balboa, un rapaz de 85 anos , que nunca deixou de ser neno nin de crecer dia a dia.
Un libro doado de exprimir e do que se poden sacar grandes caldos e aprendizaxes coma nos viñedos de Isabel Alonso que foi pioneira como muller nisto de ter un viñedo ao seu nome na denominación de orixe de monterrei.
Un primeiro libro, que resume o traballo feito por Rubén e o seu equipo no documental homónimo que podedes ver usando o Código Qr que acompaña a publicación e que sen pretendelo , ensina, aporta e deixa grandes leccións de vida na voz de persoas como o Mestre Cándido , voz chea de vivenzas que son a mais grande das escolas.
Asique se algún día atopades este libro no voso camiño botádelle un ollo , parade, collédeo con calma , deixade de correr , sentádevos tranquilamente e viaxade da man do arrieiro , que como di benedicta Sanchez no seu prologo mais aló do Barullo da fama deixa con este primeiro libro unha grata impronta no recordo.
Emilio López